​Novas instalacións de Viaqua súmanse a un programa de avistamento de aves

En 2017 os traballadores voluntarios rexistraron 189 avistamentos e en 2018 triplícanse as instalacións participantes en Galicia.


|

Biobserva viaquaEn 2017 rexistraron 189 avistamentos. Foto: Viaqua


Aínda que a súa dedicación é a xestión da auga, Viaqua participa habitualmente en distintas iniciativas comprometidas co medio ambiente. Un exemplo diso é o programa BiObserva, que comezou en Galicia en febreiro de 2017 coa formación de empregados das estacións potabilizadoras de Santiago e Pontevedra.


Trátase dun programa de recollida de datos de avistamento de aves que xa recompilou os seus primeiros resultados, tal e como informa Viaqua nun comunicado. O ano pasado, 8 traballadores voluntarios, en 21 xornadas de observación, rexistraron un total de 189 avistamentos: 26 especies na ETAP de Pontevedra, e 36 na instalación potabilizadora de Santiago de Compostela, sendo as máis frecuentes o gorrión común, a lavandeira branca, o merlo común, a urraca e a abubilla.


Neste 2018, Viaqua mantén o seu "compromiso coa conservación da biodiversidade local, comezando pola contorna natural dos centros que xestiona". Así, amplíanse ata seis as instalacións nas que se desenvolverá este programa.


Incorpóranse agora as estacións depuradoras de Santiago e Pontevedra e as dúas potabilizadoras de Ourense. "Nas dúas primeiras xa se programaron a formación de voluntarios que queiran participar así como o censo de aves de inverno das instalacións sinaladas", indica o comunicado.


Viaqua informa que as observacións son accesibles a través dunha base de datos de consulta pública que está no sitio web do programa.


A información obtida nos avistamentos (nos que participan outras 70 instalacións de Suez España), servirá para os estudos dos expertos ornitólogos do ICO (Instituto Catalán de Ornitoloxía). Ademais, tamén se utilizará "de cara á formulación e seguimento de medidas de mellora ambiental das propias instalacións" do grupo. 


relacionada Viaqua mellora as medidas de conciliación dos seus traballadores
relacionada Viaqua entrega en Ourense o primeiro informe de desenvolvemento sustentable
relacionada O IV Certame Literario de Viaqua acolle máis de 500 microrrelatos de escolares

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE