​Pablo Crespo confesa pagos en negro en actos electorais do PP

|

Bigotes crespo correaPablo Crespo contesta as preguntas de todas as partes.


O ex secretario de Organización do PP de Galicia e 'número dous' da Gürtel, Pablo Crespo, comezou a revelar "datos relevantes" sobre o financiamento ilegal do PP valenciano ante a Audiencia Nacional buscando unha rebaixa da súa pena.


As defensas del e do 'Bigotes' reuníronse este xoves coa Fiscalía Anticorrupción para tratar este cambio de estratexia. Non obstante o encontro concluíu sen ningún pacto, xa que o Ministerio Público prefire esperar a escoitar as súas declaracións antes de decidir se diminúen os anos de prisión que piden para eles.


DIÑEIRO NEGRO EN CAMPAÑA


Na súa declaración, Pablo Crespo, recoñeceu este venres que o PP da Comunidade Valenciana liderada por Francisco Camps pagou con diñeiro en negro os eventos e actos electorais das campañas municipais e autonómicas de 2007 e das xerais de 2008 que contrataron coa empresa Orange Market.


"A outra parte de traballos para o PP foron pagados polos empresarios que prestaron aquí declaración", engadiu. Estes empresarios alcanzaron un pacto coa Fiscalía Anticorrupción tras recoñecer que sufragaron de forma ilegal os actos da formación política.


Crespo finalmente contestou ás preguntas de todas as partes, aínda que nun principio só ía contestar ao seu avogado, Miguel Durán, coa promesa da "absoluta expresión da verdade", segundo dixo o letrado.


relacionada Aprazado o xuízo da Gürtel valenciana á espera de confesións dos acusados
relacionada Crespo e 'El Bigotes' solicitan o seu traslado a un 'cárcere VIP'
relacionada Pablo Crespo, a prisión sen fianza xunto a Correa e 'El Bigotes'
relacionada Os sobresoldos a dirixentes do PP puideron repartir en negro ata 6 millóns de euros

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress