‘Ferrol en Común’ anuncia a súa candidatura ás eleccións municipais

|

JorgeSuarezAlcaldeFerrol


O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez (FeC), asegurou que "O grupo ‘Ferrol en Común’ volverá presentarse no ano 2019 ás eleccións municipais" e farao "con toda a forza e coa mesma configuración sen adscrición de partidos políticos, cun programa de esquerdas que poida transformar este cidade".


Con todo, Suárez rexeitou confirmar se el mesmo será o candidato á Alcaldía. "Non vou ser eu quen o decida, senón que será a asemblea. Aínda é moi pronto, temos moito traballo por diante e por facer neste ano e medio", agregou o rexedor ferrolán, quen manifestou que o que lle preocupa é "finalizar con dignidade, coa cabeza ben alta, e con proxectos feitos para Ferrol" o mandato.


Así o expresou tras a reunión da asemblea de ‘Ferrol en Común’, celebrada o pasado xoves, que contou con algo menos de medio centenar de asistentes, e estivo presidida por Carlos do Río, acompañado polo propio Jorge Suárez e Álvaro Montes, portavoz do grupo municipal desta formación política. Ademais, escolleuse unha nova mesa para presidir esta asemblea extraordinaria, para o que foron seleccionadas Xiana Penedo e Quique Permuy. O obxectivo do encontro era aprobar os novos estatutos de ‘Ferrol en Común’, coa elección dunha comisión e un calendario para avanzar nesta tarefa.


Suárez asegurou que esta asemblea foi "completamente en positivo, conscientes das dificultades do grupo municipal. Nela, dixo, abordouse a necesidade de "seguir construíndo un proxecto colectivo de unidade popular".


Ademais, incidiu en que "todas as partes queren sumar" e remarcou que "vai seguir avanzando de fronte ao ano 2019", xa que ten "boas sensacións e perspectivas, a pesar de todas as dificultades no tecido social". "Pero estimamos que temos o respaldo social suficiente para repetir mandato e por iso seguiremos traballando neste sentido", agregou.


En canto ás críticas dun dos participantes por non haberse se a promesa de remunicipalizar servizos, tal e como aparecía no programa electoral, Suárez dixo que "este foi un caso puntual, anecdótico, dunha persoa en concreto". Con todo, defendeu que, en xeral, "o sentimento colectivo, do 99% restante, é que hai que seguir adiante tal e como se está facendo a pesar das dificultades que hai".

relacionada O rexedor ferrolán non ten présa en decidir se se presenta en 2019
relacionada ​A privacidade e seguridade na internet, un risco aínda maior para os menores

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress