​Nova manifestación para que se suprima a peaxe da AP-9 en Rendondela

|

Teis chapela ap9


As asociacións de veciños de Teis (Vigo) e Chapela (Redondela) convocaron unha nova manifestación para reclamarlle ao Ministerio de Fomento e a Audasa a eliminación do peaxe en Redondela, a conversión da autoestrada AP-9 en vial urbano desde as Torres de Padín ata o centro da cidade olívica, medidas contra o ruído e outras actuacións.


A marcha terá lugar o sábado 27 de xaneiro, e sairá do Centro de Saúde de Chapela, en dirección a Teis, ata as Torres de Padín, segundo informou o portavoz veciñal de Teis, Anxo Iglesias, en declaracións aos medios antes de entregar no rexistro da Xunta un escrito para reclamar a inmediata convocatoria da comisión mixta de seguimento da AP-9.


Iglesias explicou que este acto reivindicativo, do mesmo xeito que outros que xa se realizaron, ten como finalidade "seguir presionando" á Xunta e ao Ministerio de Fomento, porque os veciños están "cansos de anuncios" e piden "solucións" para eses dous barrios.


Nese sentido, o portavoz da asociación de Teis incidiu en que as reivindicacións non son só dos veciños destas zonas, senón "de toda a comarca de Vigo". "Pedimoslle á Xunta que exerza presión ante o Goberno do Estado", recalcou.


DEMANDAS


Pola súa banda, o presidente da Asociación de Veciños de Chapela, Marcial Pérez, lembrou as "xustas" reivindicacións dos veciños deste barrio e os de Teis. Segundo incidiu, na parroquia redondelá "aínda non se empezaron as obras de reposición" prometidas por Audasa e por Fomento tras as "desfeitas" que supuxo a ampliación da AP-9.


"Reclamamos datas reais para a reposición de viarias e servizos, e para a construción do novo colexio", afirmou, e esixiu tamén a eliminación da peaxe entre Redondela e Vigo, así como a supresión do tráfico pesado polo centro de Chapela, ou medidas para paliar a contaminación acústica.


Por iso, pediron a convocatoria da comisión de seguimento da AP-9 para abordar todas estas demandas, e lamentaron que, a pesar dos anuncios, tanto da Xunta como do goberno central de que se convocaría entre decembro e xaneiro, aínda non hai data concreta.


relacionada Os transportistas reclaman entendemento entre Caballero e a Xunta
relacionada Rajoy continúa a súa xira de inauguracións na AP-9 entre berros de "estafa"
relacionada A oposición censura que Rande teña "a vía de servizo máis cara do mundo"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress