​A privacidade e seguridade na internet, un risco aínda maior para os menores

|

Ciberseguridad


O experto da Garda Civil en seguridade informática José Torres ofrecerá este xoves na sede de Afundación en Ferrol unha charla sobre menores e as novas tecnoloxías.


A organización explica que José Torres é experto en seguridade e privacidade nas TIC e actualmente exerce de responsable do Equipo de Investigación Tecnolóxica da Garda Civil de Pontevedra.


Durante a súa carreira profesional dirixiu e coordinou no ámbito nacional diversas operacións contra a pornografía infantil e acumula experiencia como relatora en diversos foros e mesas redondas de distintos organismos.


Ademais, José Torres colabora coa Universidade de Vigo no desenvolvemento de diferentes ferramentas de detección de pornografía infantil e ciberbullying na rede.


RISCOS DA INTERNET


Na súa conferencia, Torres falará "sobre os innumerables beneficios do uso da internet e das TIC", indica a organización, pero tamén "da necesidade de que pais, nais e docentes sexan conscientes dos riscos que implica o seu uso, especialmente cando se trata de colectivos tan vulnerables coma os menores".


Deste xeito, tratará temas como a seguridade e a protección da información nos teléfonos móbiles, a xeolocalización, a protección da intimidade, o uso das redes sociais e dos videoxogos, o ciberacoso ou a tecnoadicción.


A entidade destaca que esta proposta supón unha "firme aposta" pola "difusión de modelos formativos diversos en consonancia cos desafíos e as realidades sociais actuais", expón, e "por facer partícipes da súa programación educativa, ademais da os escolares, a nais, pais e persoal docente", engade.


relacionada Os alumnos españois, felices, pero dependentes da internet

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress