A Xunta prensenta a candidatura de Cíes á Unesco como a de "todos os galegos"

|

Cies unesco


O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, presentou este mércores en Fitur a candidatura de Illas Cíes-Parque Nacional Illas Atlánticas a Patrimonio Mundial da Unesco.


Nun acto no expositor da Comunidade nesta feira de turismo que se celebra en Madrid, o conselleiro destacou que esta é "a candidatura de Galicia, de todos os galegos e galegas".


Este evento contou coa presenza, entre outros, do presidente da Xunta, o artista Antón Reixa, os tres reitores da universidade, os alcaldes de Ribeira e Vilagarcía, o presidente do Celta, Carlos Mouriño, así como o concelleiro de Urbanismo de Bueu.


Ao respecto, Román Rodríguez chamou a atención sobre o "traballo conxunto ao máximo nivel" levado a cabo nos últimos meses para alcanzar este recoñecemento da Unesco, nunha competición "a nivel mundial", polo que é necesaria unha proposta "gañadora, construída sobre os valores da integración e a suma, na que ninguén sobra".


"Esta candidatura non só se chama Vigo, Bueu, Vilagarcía e Ribeira. Chámase así, con todos estes apelidos... Pero, sobre todo, chámase Galicia", asegura.


Actualmente, a candidatura xa está na lista indicativa nacional, o paso previo preceptivo para elevala á Unesco. Coa inclusión de Illas Atlánticas España tería catro parques naturais patrimonio da humanidade: Doñana (Andalucía) e Garajonay e Teide (Canarias).



relacionada A illa de Ons tamén terá límite diario de visitantes e as Cíes reforzarán o seu control
relacionada Vigo aproba reclamar á Xunta "a xestión e competencias sobre as illas Cíes"
relacionada A candidatura 'Cíes. Patrimonio da Humanidade' contará co aval de 30 expertos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress