​O Dépor tratará de "fozar na ferida" do Madrid

Mosquera defende que o equipo está ben de actitude e que queda toda unha volta para remontar.


|

Pedro mosqueraPedro Mosquera cre que "non sería malo" un punto. Foto: RC Deportivo

O Dépor prepara xa o choque ante o Real Madrid no Bernabéu, un partido no que os coruñeses esperan puntuar. Así o contou este mércores Pedro Mosquera ante a prensa.


"Nós agora necesitamos sumar de tres en tres, pero tendo os pés na terra", afirmou, polo que un empate "non sería malo" para o capitán deportivista.


En fronte atopan un equipo que atravesa un momento complicado. Conscientes de que o Madrid "está a ter malos resultados", os branquiazuis tratarán de "fozar un pouco na ferida" para tentar "sumar de tres en tres".


Mosquera aférrase ás "fases" dos últimos partidos onde o Dépor xogou bos minutos. Ademais, considera "clave" non encaixar nos primeiros minutos, unha materia pendente, para apertar ao rival, ansioso de gol.


O capitán recoñece "unha mala primeira volta" para os intereses do equipo herculino, pero lembra que queda toda a segunda volta. Para iso, insiste en que "o equipo a nivel de actitude e compromiso está ben".


No persoal, conta que Cristóbal lle pide máis presión sen balón e que se está adaptando. Tamén tivo palabras para a afección, á que lle agradeceu o seu apoio mesmo despois de varios anos sufrindo.


relacionada Cristóbal: "A solución só a dan catro ou cinco bos resultados"
relacionada Carles Gil: "Todos esperabamos sumar máis puntos"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE