​Os terreos da intermodal estarán dispoñibles en marzo

A conselleira de Infraestruturas mostrou a súa preocupación polas obras e os accesos da estación santiaguesa.



|

Ethel vazquez mediosA conselleira mostrou "preocupación" polos prazos.

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade de Santiago, Jorge Duarte, asegurou este mércores que os terreos que corresponde ceder por parte do Concello para o inicio das obras da estación intermodal estarán dispoñibles a partir do mes de marzo.


Segundo explicou Duarte, o proxecto de expropiación tiña "uns erros" que se corrixiron e aprobaranse no mes de febreiro. Así o anunciou ante a "preocupación" que mostrou este mércores a conselleira de Infraestruturas e Vivendas, Ethel Vázquez, sobre o inicio das obras e a construción dos accesos, despois de que ambos participasen nun acto conxunto en Compostela.


Con respecto aos accesos, a responsable do departamento da Xunta afirmou "non ter información" sobre como se resolverán. A isto replicou Duarte, que asegurou que se atopan "en licitación".


En calquera caso, o Concello ve que están "en tempo" para acabar os accesos "simultaneamente" coa estación intermodal, xa que, segundo precisou, estes precisan dun prazo de nove meses para a execución das obras, mentres que a terminal necesita 18.


"A tramitación urbanística xa está feita", asegurou Duarte, que a continuación sinalou que, "durante este tempo, fixeron o proxecto e a licitación e, durante 2019, levaráse a cabo a obra".


DÁRSENAS


En canto ao número de dársenas, o edil afirmou que "tiveron algunhas diferenzas" porque o Concello "entendía que eran necesarias máis dársenas". "A Consellería aceptou incluír outras (...) e gustaríame que, nesta obra que se licita estes días, estean contempladas todas as dársenas e que non se mingüe o espazo que había na estación actual", sostivo.


Pola súa banda, Vázquez incidiu en que a Xunta estivo "en contacto directo en todo momento" co Consistorio sobre o proxecto e o número de dársenas "e aí está o proxecto xa licitado".


Ademais, a conselleira urxiu a facelo "canto antes". Con todo, Duarte insistiu en lograr "o mellor proxecto posible e que responda as necesidades da cidade". En todo caso, ambos os dirixentes "esperan" que a estación estea terminada a finais de 2019.


relacionada Adif xustifica que as obras do AVE que van con atraso non lle afectarán á data final
relacionada A oposición carga contra as "escusas" para vender un novo atraso do AVE galego

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE