Adif xustifica que as obras do AVE que van con atraso non lle afectarán á data final

Asegura que no seu orzamento xa conta coa variante de Ourense e a intermodal da cidade.


|

Trenfrenovias



Adif volveu saír ao paso das dúbidas expresadas por diferentes voces sobre a chegada do AVE a Galicia pola non aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado. A empresa dependente de Fomento garantiu un investimento dun total de 4.029 millóns de euros para acabar as obras en 2019.


Nun comunicado, asegura que "o feito de que algunhas actuacións non estean adxudicadas non afecta á culminación da alta velocidade no prazo previsto". "O factor orzamentario tampouco é obstáculo para cumprir o prometido, xa que a planificación financeira de Adif permítelle conseguir fondos para o desenvolvemento dos seus proxectos a través de distintas fontes independentemente da aprobación os PGE", asevera.


Deste xeito, sinala que este orzamento de máis de 4.000 millóns inclúe tamén as obras da variante de Ourense, así como da estación intermodal na cidade das Burgas.


Así mesmo, subliña que no último trimestre de 2019 empezará a fase de probas dos trens de alta velocidade entre Pedralba (Zamora) e Ourense.


relacionada O PSOE de Ourense afirma que o calendario das obras do AVE xa se está incumprindo
relacionada Adif asegura que ten marxe para endebedarse e rematar o AVE galego en prazo
relacionada A oposición carga contra as "escusas" para vender un novo atraso do AVE galego
relacionada ​O bloqueo dos Orzamentos ameaza con novos atrasos no AVE galego

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE