​O BCE considera que a debilidade dos salarios lastra o crecemento económico

O seu vicepresidente explica que "non están a subir o suficiente" e aféctanlle á inflación.


|

Vitor constancio bce


O crecemento da zona euro está a cobrar un maior ímpeto, en liña coa maioría de economías desenvolvidas, pero a inflación aínda non cumpre coas expectativas, algo que o Banco Central Europeo (BCE) atribúe a que os salarios aínda non subiron o suficiente.


"En decembro, a inflación subxacente, que exclúe a enerxía e os alimentos, foi decepcionante: baixou ao 0,9% porque os salarios aínda non están a subir o suficiente", sinala o vicepresidente do BCE, Vítor Constancio, nunha entrevista co diario La Repubblica, recollida por Europa Press.


Constancio recoñece que, aínda que historicamente os banqueiros centrais se enfrontaron a presións inflacionistas, actualmente trátase dunha contorna é diferente, que ten que ver con moitos factores estruturais, así como tamén co chamado estancamento secular.


Neste sentido, o banqueiro portugués sinala o papel desempeñado pola debilidade salarial, ademais de por outros factores como a tecnoloxía, aínda que recoñece que ninguén sabe precisamente a escala do impacto tecnolóxico sobre a evolución da inflación.


Deste xeito, o vicepresidente do BCE confía en que, a pesar de que sempre existen riscos, un forte repunte dos prezos non será un problema para a zona euro durante algún tempo. "A inflación é débil e seguirao sendo por un tempo en todos os países desenvolvidos", engadiu.


relacionada ​Empleo condiciona a subida do salario mínimo a que a economía creza e baixe o paro
relacionada "Estase asentado a figura do traballador pobre en Galicia"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE