Dez grupos e artistas, reunidos para homenaxear a Zeca Afonso

|

Zeca afonso


A Associaçom José Afonso-Galiza, recentemente constituída, decidiu iniciar o seu programa de actividades cun gran concerto no que participarán 10 grupos e artistas galegos e portugueses, que traerán letras e músicas do artista a Santiago.


En concreto, será o sábado 27 de xaneiro na sala Malatesta e nel participarán os artistas Uxía, Nao, Falúa, Cais da Saudade, Francisco Fanhais, Tiago Fernandez, Banda das Crechas, Do Fondo do Peto e Xico de Carinho & Manolo Bacalhau, cun repertorio de letras reivindicativas e algúns temas que interpretarán man a man. O acto será presentado por Carlos Branco.


Zeca afonso

No propio concerto estarán á venda camisetas, bolsas e pins coa imaxe de José Afonso e a frase 'Talvez ninguém me entendesse como na Galiza', usada como lema destas actividades, que pretenden dar a coñecer a forte vinculación do artista con esta comunidade.


Previamente, o mesmo día, a asociación organizou a charla 'Triángulo Máxico na vida e obra de José Afonso África-Portugal-Galicia', coa intervención do vicepresidente de AJA Portugal, Paulo Esperança. Este acto contará ademais coa actuación musical do presidente da asociación, Francisco Fanhais. Terá lugar no local da Gentalha do Pichel, en Santiago de Compostela.


Finamente, a exposición 'Zeca: o que foi, o que é - umha fotobiografía' poderase visitar do 26 de xaneiro ao 28 de febreiro na Casa das Crechas, composta por 32 paneis fotográficos que permiten achegarse ao transfondo das súas vivencias e a súa repercusión na creación de letras e músicas.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress