Desvían tres voos que ían a Vigo por culpa do asistente de aterraxe

Tamén quedaron afectadas as saídas dende a cidade olívica cara a Bilbao e Madrid


|


Aeropuertopeinadorvigo


Un avión procedente de Bilbao súmase aos dous voos con orixe en Madrid que estaba previsto que aterrasen na mañá deste martes no aeroporto de Vigo e que tiveron que ser desviados a Santiago de Compostela e A Coruña, debido a que a terminal de Peinador non tiña operativo o asistente de aterraxe no seu nivel máis alto.


Fontes de Aena confirmaron a Europa Press que os dous voos de Madrid correspóndense co Air Europa con aterraxe prevista en Vigo sobre as 7,55 horas e o Iberia con aterraxe prevista ás 8,40 horas. O voo de Bilbao é o operado por Air Nostrum con chegada prevista ás 11,30 horas.


Estas mesmas fontes explicaron que os avións tiveron que desviarse debido a que o ILS --o asistente de aterraxe en caso de néboa-- está en categoría uno, e non tres, desde este martes, debido a que fallou unha peza que compón este sistema. Ao longo da xornada está previsto que quede solucionado.


Ademais das chegadas, quedaron afectadas as correspondentes saídas previstas desde Vigo cara a Bilbao e Madrid, que partiron desde os aeroportos onde finalmente aterraron os avións, para o que as compañías habilitaron transporte por estrada para os usuarios.


CLODOMIRO MONTERO, AFECTADO


Unha das persoas afectadas foi o secretario nacional de CIG-Banca, Clodomiro Montero, quen tiña prevista a súa saída desde Vigo e o seu voo partiu finalmente da Coruña. O sindicalista estaba citado no Congreso para participar na comisión de investigación sobre a crise financeira.


Segundo explicou en declaracións a Europa Press, no seu caso non chegaba a tempo a Madrid para poder incorporarse á comisión do Congreso voando coa nova reprogramación, así que enviou un xustificante á Cámara Baixa para explicar os motivos da súa ausencia.

relacionada Os transportistas reclaman entendemento entre Caballero e a Xunta
relacionada Os informes autonómico e municipal pola auga dun colexio contradinse

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE