Os grupos dos locais de ensaio coruñeses publican un disco conxunto

O concello crea un recompilatorio con once temas gravados nos propios estudos municipais.


|

Grupos corunha ensaioHarakiri, un dos grupos que participan. Foto: Concello da Coruña


O Concello da Coruña publicou un novo álbum recompilatorio coa música dos grupos residentes nos locais de ensaio municipais, segundo informa.


Este recompilatorio poderá conseguirse desde este martes, de forma gratuíta, nos centros da rede de bibliotecas municipais e no Centro Municipal de Información Xuvenil.


Gravado nos propios estudos do servizo municipal, o álbum inclúe once cortes de música de diversos estilos entre os que se atopan punk, indie, metal, trap ou rock.


Trátase de grupos que participaron en eventos como o Festival Noroeste Estrela Galicia ou o Festival Solidario Coruña en Directo, como son Ingravity, Harakiri, Proyecto Moucho, Reminders, Quetzal Rider ou Sala 5.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE