A testemuña protexida identifica a cinco ultras pola morte de Jimmy
Contou que se atopaba "a apenas cinco ou seis metros" de distancia da agresión mortal, polo que puido recoñecer aos autores.
A testemuña protexida do 'caso Jimmy' identificou este luns ante o xuíz a cinco ultras do Frente Atlético como autores da morte do seareiro do Dépor que foi mallado e tirado ao Manzanares en novembro de 2014
Tal e como recollen varios medios, todos forman parte do Frente Atlético, coma el mesmo. Así, sinalou a dous ultras excarcerados, outros dous que foron detidos pola Policía e un menor condenado pero que foi absolto pola Audiencia Provincial de Madrid.
A testemuña protexida recoñeceu, nunha declaración con contradicións, que participou na pelexa entre membros do Frente Atlético e de Riazor Blues nas inmediacións do Vicente Calderón. Así, contou que se atopaba "a apenas cinco ou seis metros" de distancia da agresión mortal a Jimmy, polo que puido recoñecer os autores.
Tras dous atrasos, a testemuña protexida compareceu en calidade de investigado dentro da peza separada denominada "homicidio e lesións" que investiga o caso.
Escribe o teu comentario