O PPdeG di que non aproveita o caso de Diana Quer para a prisión permanente revisable

Os populares impulsan na Cámara galega a súa iniciativa para pedir que non se derrogue.


|

Dianaquer 1Unha petición en internet colleu impulso hai unha semana.

O grupo parlamentario do PPdeG rexistrou unha proposición non de lei na Cámara galega en apoio á figura xurídica da prisión permanente revisable e para instar aos partidos do Congreso dos Deputados a que retiren a súa solicitude de derogación da norma.


Diso deu conta este luns, en comparecencia de prensa, o portavoz dos populares no Pazo do Hórreo, Pedro Puy, quen negou que o PP "aproveite" o caso Diana Quer para reabrir o debate.


Así, Puy xustificou que os populares están a promover iniciativas no Congreso dos Deputados, nos parlamentos autonómicos e nos concellos para conseguir frear a derrogación da medida, apoiada na Cámara baixa por todos os os grupos da oposición.


Así as cousas, desvinculou esta campaña das "situacións tristes" derivadas do desenlace do caso Diana Quer. Con todo, coincide esta campaña cunha iniciativa neste sentido impulsada no portal Change.org á que a nai da moza lle deu difusión hai algo máis dunha semana.


Pedro Puy xustificou o apoio do seu grupo á norma --que como lembrou está avalada polo Tribunal de Dereitos Humanos da UE e o Tratado de Roma-- porque entende que as persoas que cometen determinados "crimes de especial importancia", "non deben volver á sociedade" ata que estean "reinsertados". O partido mesmo distribuíu un argumentario interno neste sentido.


relacionada O PP distribúe un argumentario en defensa da prisión permanente revisable
relacionada O caso de Diana Quer pon de novo no foco a prisión permanente revisable
relacionada A petición a favor da prisión permanente multiplica o apoio por 15 en menos dunha semana
relacionada ​A nai de Diana Quer provoca un 'efecto chamada' a favor da prisión permanente

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE