O colexio Noalla-Telleiro de Sanxenxo abre de novo tras sufrir un tornado

|


Sanxenxo


O CEIP de Noalla-Telleiro, no municipio de Sanxenxo, abre de novo as súas portas este luns tras resultar danado por un tornado que cruzou este municipio costeiro o pasado mércores, e que causou desfeitas en polo menos unha vintena de casas, dúas industrias e no paseo marítimo da praia da Lanzada.


O centro resultou especialmente afectado pola incidencia meteorolóxica e tivo que ser evacuado de maneira preventiva. As clases permaneceron suspendidas ao longo da semana mentres os técnicos traballaban para liquidar os danos.


O fenómeno atmosférico entrou ás 9,40 horas do mércores pola praia da Lanzada arrincando 30 metros do paseo de madeira, que voou ata o recinto escolar de O Telleiro. Alí, a intensidade do vento levantou tellas, parte da cuberta do pavillón deportivo e ocasionou danos nas persianas.

relacionada Un tornado en Sanxenxo causa desfeitas en casas, naves e un colexio
relacionada A Xunta rehabilitará vivendas abandonadas para persoas con poucos recursos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress