Miguel Santalices: "Non é o momento máis adecuado para reformar o Estatuto"

|

Santalices forum europa

"O meu despacho está aberto a todo o mundo", manifestou Santalices. Foto: Parlamento de Galicia


O presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, pon de relevo a importancia do contacto coa cidadanía, a apertura e as vías de participación para recuperar a credibilidade das institucións e a clase política, castigada pola corrupción.


Nun almorzo informativo, Santalices lembroulles aos deputados que "non son traballadores ao uso", senón que a súa responsabilidade abarca as 24 horas do día e os 7 días da semana. Neste sentido, destacou a importancia de que os representantes electos da cidadanía "pateen a rúa", porque "as mellores emendas e iniciativas saen do contacto coa xente".


"O meu despacho está aberto a todo o mundo", proclamou, para subliñar que desde que ocupa o cargo recibiu ao redor de 1.100 visitas no seu despacho.


BOA SAÚDE DO ESTATUTO


Cuestionado sobre a reforma do Estatuto de Autonomía, Santalices valora que "goza de boa saúde", pero é "revisable". Con todo, considera que "o momento non é o máis adecuado" para abordar a reforma, por ver que non se dá a "situación ideal" de consenso.


Nesta liña, rexeitou que "a aritmética parlamentaria" suplante a democracia e o Estado de Dereito. "A suma de escanos, lexítima para conformar maiorías parlamentarias non pode nin debe confundirse con maiorías sociais ficticias na procura de obxectivos ilícitos", advertiu.


Comparando a realidade parlamentaria galega con Cataluña, afirma que non percibe "o mesmo ambiente, nin moito menos". Para o conflito catalán, o presidente da Cámara recomenda "prudencia", aínda que sobre o procedemento para a investidura móstrase tallante.


"Téñoo claro. O día 17 é clave. Se unha persoa non adquire a condición de deputado non pode ser elixido. E iso é presencial, non se pode delegar. Se a Mesa do Parlament cambia o regulamento, que podería ser cambiado, non se axustaría á lei e hai a obrigación de recorrelo", explicou.



relacionada Feijóo acepta falar de autogoberno e analizar unha posible reforma do Estatuto
relacionada O BNG ponse como deberes "avanzar" nun novo Estatuto este curso político
relacionada Santalices aposta por un debate "sosegado" para "blindar" o gasto sanitario público
relacionada O Parlamento conmemora os 35 anos do autogoberno de Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress