O IV Certame Literario de Viaqua acolle máis de 500 microrrelatos de escolares

|


Relatosaugaintelixente


O IV Certame Literario “Relatos de auga intelixente” convocado por ViAQUA acolleu un total de 522 microrrelatos, escritos por alumnos de entre 12 e 17 anos dos centros educativos galegos nos que a marca ten presenza como empresa de xestión de auga. A participación dos escolares mantívose nos mesmos niveis que os da pasada edición.


O concurso ten por obxectivo contribuír a a difusión da cultura da auga e implicar aos escolares no seu uso sustentable, así como no coidado do medio ambiente a través da literatura. Un certame que busca tanto concienciar sobre a importancia da auga e as responsabilidades que trae consigo, como fomentar a capacidade literaria e escrita dos escolares galegos.


O colexio de Ourense Divina Pastora-Franciscanas foi o centro que maior número de textos presentou ao certame, polo que recibirá o seu premio correspondente. Os microrrelatos aínda se atopan pendentes da cualificación do xurado, integrado por persoas vinculadas á creación literaria e outros profesionais relacionados co ámbito da auga e do medio ambiente. A finais de febreiro, daranse a coñecer os traballos gañadores de cada categoría.


O acto de entrega de premios aos mellores textos do certame terá lugar nos días próximos ao 22 de marzo, en honra á celebración do Día Mundial da auga.

relacionada Viaqua mellora as medidas de conciliación dos seus traballadores
relacionada Viaqua entrega en Ourense o primeiro informe de desenvolvemento sustentable

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress