Iníciase o 'Ano Ana María Victoria Moreno', protagonista do Día das Letras Galegas 2018

A web da Real Academia Galega xa adica parte do seu espazo a difundir o legado desta pontevedresa


|


Ana maria


A Real Academia Galega deu por iniciado o ‘Ano Ana María Victoria Moreno’, autora que protagoniza este ano o Día das Letras Galegas. A web da Academia xa adica parte do seu espazo a difundir o legado desta pontevedresa de adopción, nada en Cáceres e “galega de elección”.


A historia de amor entre María Victoria e Galicia comeza en Pontevedra”, como destaca a biografía sobre a escritora elaborada polas académicas Marila Aleixandre e Fina Casalderrey, que pode consultarse no portal da RAG.


Ana María Victoria Moreno, filla dunha malagueña e un toledano e nada de forma circunstancial en Cáceres, viviu boa parte da súa vida na Cidade do Lérez, onde se estableceu tras aprobar as oposicións a mestra en 1965 logo de impartir clase durante un par de anos no Instituto Masculino de Lugo.


As académicas indagan sobre a vida e obra da escritora falecida en 2005, unha das pioneiras na narración en galego para o público infantil e xuvenil, xénero ó que axudou a situar nun “lugar digno” a través da posta en valor da lingua e un gran desenvolvemento de personaxes. “Toda a súa vida é un exemplo de compromiso coa causa da lingua galega e da xustiza social”, resaltan as autoras da biografía.

relacionada Chegan os cortos infantís de 'PequeFilmes' a Santiago de Compostela
relacionada O Teatro Colón presenta a programación de espectáculos deste trimestre

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE