​Un 'respiro' termal para coidadoras de dependentes

|

Termalbalneario



A Concellería de Xustiza Social da Coruña volverá poñer en marcha este ano o programa de Respiro para as Persoas Coidadoras que busca "atender as necesidades das familias que asumen o coidado de persoas dependentes no fogar".


"O que pretendemos é dar un pequeno descanso a esa parte da poboación da Coruña, maioritariamente veciñas, que desenvolven o traballo de coidadoras e que expedimentan unha serie de desaxustes dentro da súa propia vida familiar, ao practicamente desaparecerse o seu dereito a unha conciliación persoal".


Desta forma, o departamento municipal ofrece unha serie de actividades vinculadas co lecer que teñen como destino familias coidadoras que utilizan o servizo de axuda a domicilio que xestiona o Concello da Coruña.


En concreto, a pretensión do goberno local é repetir os bos resultados colleitados co programa de respiro de termalismo urbano, que se puxo en marcha xa no ano 2016 e polo que membros das familias coidadoras reciben unha serie de bonos para poder beneficiarse, na data máis acaída, dos servizos de talasoterapia e masaxe que levan a cabo na Casa da Auga".


"Os servizos de respiro proporcionan ás persoas coidadoras tempo para si mesmas, aliviándoas da sobrecarga física e psicolóxica que supón o coidado dunha persoa", comentou.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress