"Xa o chamaremos", a fórmula para ocultar listas de espera da sanidade

A asociación de pacientes do CHUS explica o colapso que acumula a especialidade de Dixestivo e as vulneracións de dereitos.


|

ColapsoChuacChus


Nove meses esperando para, polo menos, ter cita para unha proba. É a situación que vive unha paciente do servizo de Dixestivo do hospital de Santiago.


A asociación de pacientes e usuarios do CHUS relata nun comunicado o caso de M.L.I.A., que leva desde abril coas solicitudes presentadas para tres probas e segue esperando por unha chamada coa que lle fixen unha cita e a inclúan nunha lista de espera.


A asociación denuncia que esta fórmula do "xa o chamaremos" deixa os pacientes "nun limbo legal" sen ser incorporados en ningunha lista de espera estrutural, e fóra das cifras oficiais de pacientes en espera.


Ademais, os datos que recollen no seu comunicado demostran que o servizo de dixestivo do CHUS "conta coas maiores demoras nas listas de espera declaradas da EOXI de Compostela para probas diagnósticas". Lembran, con todo, que os tempos medios son "pouco ou nada representativos".


Alertan tamén de que a situación é "tan intolerable" que os pacientes están advertidos de que comproben a data de caducidade da medicación que teñen que tomar en caso de colonoscopia.


"Resulta evidente que os responsables do CHUS non están a poñer os medios materiais e humanos precisos para atender a importante demanda asistencial" no servizo de Dixestivo. A día de hoxe, a pesar das solicitudes reiteradas, o xefe de Servizo aínda non os recibiu para unha reunión.


relacionada A Marea Branca alerta do "engano" da proposta privada das listas de espera
relacionada A espera cirúrxica en Galicia é de 62 días, 42 menos que a media nacional
relacionada O illamento de pacientes contaxiosos no CHUS ignora as recomendacións internacionais

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE