O caso de Diana Quer pon de novo no foco a prisión permanente revisable

O PP leva unha moción de apoio a todos os concellos e ao Senado. Buscan que Ciudadanos se retrate.


|

Diana querO PP leva mocións a todos os concellos.


O Grupo Parlamentario Popular presentou unha moción de apoio á prisión permanente revisable no Senado, despois de que esta semana acordase na reunión de coordinación dos 'populares' trasladar a mesma iniciativa a todos os concellos de España.


Na Cámara Alta, a moción sairá adiante pola maioría absoluta do PP, pero depende da Cámara Baixa a derrogación ou o mantemento desta pena, onde xa se aprobou unha proposición para derrogala (coa abstención de Ciudadanos). Os populares falan de "actualizala".


O PP destaca na moción rexistrada agora na Cámara Alta que este instrumento existe noutros países da contorna de España e defende que é "unha institución coherente, que se incorpora ben" ao modelo de garantías español e que ten un "perfecto encaixe penal".


Así mesmo, os 'populares' lembran que a prisión permanente revisable "non renuncia á reinserción do penado".


DIANA QUER


O parricida David Oubel foi o primeiro cidadán condenado a prisión permanente revisable --e ata a data o único-- despois de degolar as súas dúas fillas cunha serra eléctrica e un coitelo de cociña.


Con todo, a detención do autor confeso da morte de Diana Quer volveu poñer no foco político esta controvertida pena de prisión.


"A prisión permanente revisable está contemplada para casos de extrema gravidade, como asasinatos de menores, asasinatos cometidos tras unha agresión sexual, asasinatos por parte de bandas terroristas e crimes de lesa humanidade, entre outros", explican desde o PP.


Unha petición no portal Change.org a favor da prisión permanente revisable acumula xa máis de 430.000 firmas que esixen paralizar a derrogación. A propia nai da moza madrileña, Diana-López Pinelmostrou o seu apoio á iniciativa, á que lle deu difusión.


QUE CIUDADANOS SE RETRATE


Con esta moción, o PP quere tamén que Cs se retrate. Con todo, o secretario xeral do partido laranxa, José Manuel Villegas, xa dixo que hai "dúbidas" sobre a constitucionalidade desa medida e haberá que esperar a que o Tribunal Constitucional resolva o recurso que presentaron os partidos da oposición. "En principio, o noso voto de abstención será o que se manteña", confirmou hai uns días.


Nos últimos días, distintos cargos populares manifestaron a súa defensa da pena aprobada cando tiñan maioría absoluta no Congreso. E espéranse máis movementos neste sentido desde todas partes de España.


relacionada O PP pensa "actualizar" a prisión permanente por casos coma o de Diana Quer
relacionada A petición a favor da prisión permanente multiplica o apoio por 15 en menos dunha semana
relacionada ​A nai de Diana Quer provoca un 'efecto chamada' a favor da prisión permanente

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE