A Xunta rehabilitará vivendas abandonadas para persoas con poucos recursos

Comprará máis de 70 vivendas en Ferrol, Betanzos, Ourense e Lugo. O investimento chega a tres millóns.


|

Rehabilitacion casco lanuxe vigo


A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, presentou este venres en Ferrol o primeiro concurso de compra de vivendas para rehabilitalas con fins sociais nos centros históricos de Ferrol, Betanzos, Ourense e Lugo. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a convocatoria, que conta cun investimento de tres millóns de euros.


Vázquez explicou que a Xunta comprará a particulares inmobles abandonados ou semiabandonados, que se atopen inscritos no Rexistro de propiedade, deben estar libres de cargas e non poden superar o prezo de mercado e os límites de prezos marcados pola Consellería de Facenda.


O departamento autonómico priorizará a compra de inmobles con valor arquitectónico, que a súa rehabilitación supoña a rexeneración dunha mazá completa e tamén terá en conta o prezo.


O obxectivo é "contribuír a rexenerar as zonas degradadas e a súa contorna" das catro cidades galegas, afirmou Ethel Vázquez. E é que a compra dos edificios complementarase cunha rehabilitación das vivendas para fins sociais e poñeranse a disposición de persoas con poucos recursos.


Unha actuación, sinalou a conselleira, que busca tamén "incentivar aos particulares e empresas a que aposten pola rehabilitación". Por parte da Xunta estiman que se adquirirán un total 72 vivendas para a súa rehabilitación.


En Betanzos prevese comprar 10 vivendas, para o que se destina unha partida de 500.000 euros. Mentres, en Lugo o investimento é tamén de 500.000 euros para a compra de nove vivendas e en Ourense resérvanse 800.000 euros para adquirir 13 vivendas.


6,6 MILLÓNS EN FERROL VELLO


"Ferrol é a cidade onde máis investiremos en compra" cun investimento de 1,2 millóns de euros para a adquisición de 18 inmobles en Ferrol Vello, indicou Ethel Vázquez.


A conselleira sinalou que para a rehabilitación dos inmobles, que suman unhas 40 vivendas, destinarán 5,4 millóns de euros. En total, unha inxección de 6,6 millóns de euros para o barrio.


Así mesmo, Vázquez propúxolle ao Concello de Ferrol a cesión á Xunta das vivendas da súa titularidade na zona para encargarse da súa rehabilitación.


Coa publicación da convocatoria no DOG ábrese o prazo de presentación de ofertas por parte de particulares, que se prolongará durante tres meses.


A continuación, o IGVS avaliará as ofertas presentadas e procederá á súa selección para no mes de setembro asinar as escrituras de compravenda.


Vázquez non quixo fixar unha data concreta para a rehabilitación, pero asegurou que espera que se realice "canto antes" e que estiman que ao longo de 2019 se debería completar a actuación.


relacionada A Xunta destinará 120.000 euros á rehabilitación da Casa de Rosalía de Castro
relacionada ​Quito elixe a capital galega como referente en rehabilitación
relacionada A construción de edificios recupérase á vez que cae a rehabilitación
relacionada A Xunta traballa nunha lei que permitirá a expropiación de edificios abandonados

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE