Cristóbal: "A solución só a dan catro ou cinco bos resultados"

O adestrador do Dépor aspira a poñer xuntos a Lucas e Andone, aínda que se reforzan os rumores da súa venda.


|

Cristobal parralo riazor adestroCrisóbal asegura que "queda tempo". Foto: RC Deportivo


O empate ante o Vilarreal só serviu ao Dépor para dar unha pequena marxe. Así é como ve o presente do equipo Cristóbal Parralo.


O adestrador deportivista salienta que "a situación márcaa a clasificación" e "queda tempo e partidos para mellorala". Por iso, manifesta que "por empatar o último día non se arranxaron os problemas, que só se solucionarán cando encadeemos catro ou cinco bos resultados".


Así, pensando no partido ante o Valencia, asegura que "tal como está a situación, gañar estes tres puntos faríanos ver todo de forma diferente".


Sobre o once, o técnico valorou a posibilidade de poñer xuntos a Lucas e Andone. "Pensámolo e buscámolo desde o principio", revelou. Con todo Cristóbal prioriza os "problemas importantes" do equipo, que recibe goles con demasiada facilidade. "Temos que coller esa seguridade para poder encaixar esas pezas que a todos nos gustaría ver no campo", explicou.


Precisamente, Andone volve á actualidade pola súa posible saída neste mercado de xaneiro. Desde o Córdoba, que ten o 30% dos dereitos do xogador, revelan que Tino Fernández tratou de comprar a totalidade do pase.


Segundo o seu máximo accionista, o Dépor tiña unha oferta de 12 millóns da Premier e só lle ofrecía 2 ao club andaluz, que atravesa unha grave crise económica e está en descenso. A cantidade foi rexeitada: "Correspondíannos 3,6 millóns e se o vendese polos 2 millóns, seguro que moitos dirían que quedei co 1,6 restante", relatou.


relacionada Carles Gil: "Todos esperabamos sumar máis puntos"
relacionada Raúl Albentosa tras o empate contra o Vilarreal: "Hai máis confianza"
relacionada Andone rescata un punto para sacar o Dépor do descenso

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE