Galicia bate récords e alcanza a maior cifra de transplantes da súa historia

O Servizo Galego de Saúde conseguiu no pasado ano 2017 unha cifra de 340 transplantes de órganos nos seus hospitais


|


Transplantes


O Servizo Galego de Saúde conseguiu no pasado ano 2017 unha cifra récord de 340 transplantes de órganos nos seus hospitais, a cifra máis elevada desde que se iniciou a actividade deste tipo en Galicia hai case 40 anos. Así o deu a coñecer este venres a directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), Marisa López, que presentou acompañada de representantes do Sergas os datos de doazóns relativos ao último ano.


En concreto, do total de transplantes realizados en Galicia, 160 foron de ril (dos cales 31 procedían de doante vivo), 105 de fígado, 1 de páncreas, 26 de corazón e 48 de pulmón. Desde que se realizou o primeiro transplante, no ano 1981, ata o 31 de decembro de 2017, levan feitos en Galicia un total de 7.585 transplantes de órganos.


En comparación co ano 2016, a cifra de transplantes realizados en Galicia creceu case un 14%. Fíxoo nos transplantes de ril, que pasaron de 135 a 160; nos de fígado, de 91 a 105; e de pulmón, de 39 a 48. Con todo, diminuíron os de corazón, de 29 a 26; e os de páncreas, de 5 a 1.


No 2017, Galicia rexistrou un importante peso do transplante de ril de doante vivo, que se incrementou ata un total de 31. Desde 2001, realizáronse 279 transplantes neste apartado, o que supón que o 19,4% do total de transplante de ril en Galicia procede de doante vivo.


OS DOANTES 


O número de doantes de órganos cadáver en Galicia situouse en 113 (64 na provincia da Coruña, 6 na de Lugo, 7 na de Ourense e 36 na de Pontevedra); o que supón que Galicia rexistra o mellor ano en número de doantes nun exercicio 


Doutra banda, oito de cada 10 familiares aceptan a doazón, unhas cifras que eloxiou. Actualmente, Galicia conta con 107.649 persoas con cartón de doante, das que algo máis de 4.000 realizáronse durante o ano 2017, un crecemento do 37,6% con respecto exercicio precedente.


No que se refire á doazón de medula ósea, Marisa López destacou que Galicia conseguiu en 2017 o obxectivo establecido polo Plan Nacional de Medula Ósea, rexistrando 1.499 novos doantes. Deste xeito, a comunidade conta con máis de 9.000 doantes de medula ósea rexistrados, o que supón un incremento do 20% desde a posta en funcionamento do Plan Nacional.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE