​O CHUAC, entre os hospitais españois máis saturados pola gripe

|

Urxencias chuac bngEntrada de Urxencias do CHUAC. Foto: @BNGACorunha

O sindicato de Enfermería Satse denunciou a "recorrente" falta de previsión das comunidades autónomas ante o incremento da presión asistencial pola incidencia da gripe, que está a causar como cada ano colapso e saturación nos servizos de Urxencias de practicamente todo o país.


Esta situación, segundo critica esta organización sindical, fai que os profesionais sanitarios estean "absolutamente desbordados", mentres que nos centros hai "pacientes en padiolas e cadeiras de rodas polos corredores, esperas de resultados superiores ás 48 horas, espazos sen cortinas nin biombos que ofrezan certa intimidade".


Satse asegura que estas situacións son xeneralizadas pero destacou as saturacións que están a vivir determinados hospitais de toda España. Entre eles, nomean o Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, así como outros centros de cada comunidade autónoma cunha situación similar.


"Demostran unha clara pasividade por parte dos distintos servizos de saúde ante unha situación que se repite ano tras ano", denunciou Satse, que critica que as comunidades non sexan previsoras e deban esperar a que os servizos se colapsen para tomar decisións, con "parches temporais", o reforzo puntual dos persoais ou a apertura de novas camas.


Por iso, pídelles aos responsables sanitarios que deixen de lado intereses puramente económicos vinculados ao aforro de gasto e prioricen ofrecer unha óptima atención aos cidadáns, reforzando os hospitais pero tamén os equipos dos centros de saúde, onde ao seu xuízo se pode incidir de maneira notable nun uso racional dos recursos sanitarios.


relacionada ​Feijóo, aos enfermos de gripe: "Hai catro recursos que usar antes de ir ao hospital"
relacionada ​Aumentan a 26 os falecidos por gripe e a metade non se vacinaran
relacionada Profesionais sanitarios denuncian que "se traballa todo o ano en servizos mínimos"
relacionada ​O Sergas recoñece unha peor atención na onda de gripe a pesar de sumar cen reforzos cada día

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress