As Rías galegas, en perigo por escaseza de osíxeno nas súas augas

Así o específica un recente estudo publicado pola revista científica Science


|


Rias galegas


O descenso do contido de osíxeno en zonas costeiras e oceánicas está a converterse nun problema de terrible gravidade que non cesa no seu empeoramento. De acordo a un recente estudo publicado pola revista científica Science, as Rías galegas figuran como un dos puntos vermellos do mapa mundial e, por tanto, como unha das zonas máis afectadas.


O cambio climático posiciónase como un dos principais causantes, aínda que tamén inflúe a existencia de factores de carácter local, como o aumento da eutrofización e a demanda biolóxica de osíxeno pola achega de fertilizantes e outros produtos contaminantes, xerando unha indesexable eclosión de algas.


Un ecosistema eutrofizado é aquel caracterizado por unha abundancia anormal de nutrientes, provocando unha incontrolable marea de algas que consome moito osíxeno. Un dos autores do estudo, Andreas Oschlies, afirma que a área oceánica afectada por este problema incrementouse por catro durante o últimos cincuenta anos, xunto cun serio retroceso das súas condicións biolóxicas e unha diminución produtiva. Xera, a grandes liñas, perigosas restricións no hábitat de peixes, cangrexos ou mexillóns, co seu consecuente impacto ambiental e no rendemento das pesqueiras.


As Rías galegas non son o único punto negro de España; o País Vasco e as diversas zonas da costa mediterránea tamén padecen deste descenso da cantidade de osíxeno. Como resposta á problemática ambiental, a organización ‘ARCO IRIS’ instou á consellería de Medio Ambiente a poñer en marcha un estudo integral do estado das Rías Galegas.


ALGUNHAS POSIBLES SOLUCIÓNS E PROPOSTAS


Requírese, en definitiva, a eliminación absoluta de vertidos de xurros (prohibidos de acordo á nova directiva europea) e dos efectos de achegas excesivas de nitróxeno e outros fertilizantes. Os principais poderes públicos de Galicia deben poñerse ao choio canto antes, co fin de desenvolver programas de acción urxentes e efectuar as medidas necesarias.


Os investigadores a cargo do estudo propoñen, pola súa banda, combater as grandes causas: o cambio climático e a sobrecarga de nutrientes que provoca a vertedura de fertilizantes e outros produtos contaminantes. Tamén consideran de igual importancia a protección das zonas afectadas, así como un seguimento constante das mesmas. Algo do que 'ARCO IRIS' é plenamente consciente, e polo que busca apoio no medio Ambiente para frear esta problemática.

relacionada Os ecoloxistas de 'Arco Iris' priorizan a eliminación de verteduras da Ría do Burgo
relacionada Ecoloxistas reclaman límites para unha pesca sostible en 2018

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE