​O Celta despídese da Copa en oitavos

|

Celta barca copaO Barça sentenciou en media hora. Foto: RC Celta


Dixera Unzué que o Celta tiña que facer un partido case perfecto para ter opcións de pasar de rolda na Copa do Rei. Pouco lle duraron as posibilidades ao equipo vigués no Camp Nou.


Dous goles de Messi ao cuarto de hora de xogo desarmaron ao Celta, que recibiu a sentenza de novo en dous minutos cando se cumpriron os primeiros 30 de partido.


Os dous primeiros tantos foron obra de Messi, rematando primeiro un centro desde a esquerda e volvendo coar o balón á rede tras outro centro de Jordi Alba. O lateral foi o autor do terceiro, habilitado por Messi. O 4-0 púxoo Suárez, que aproveitou un mal pase atrás para marcar.


Tras a continuación, un mero trámite con máis igualdade e ocasións para ambos os equipos, cun Celta renovado, con dous cambios. O cadro local anotou nos instantes finais cun cabezazo de Rakitic. 


Os celestes despídense por esta tempada dunha competición na que os dous anos anteriores quedaron ás portas de pelexar polo título.


relacionada ​Unzué, optimista: "Por que non lle imos gañar ao Barça?"
relacionada O Celta e un Barça cheo de suplentes deixan a eliminatoria para o Camp Nou

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress