​"Un de cada tres médicos de atención primaria traballa en precario"

Médicos interinos denuncian "unha sensación crecente de indignación de difícil arranxo".


|

Medicos consulta atencion primaria


A Asociación de Médicos Interinos de Galicia (Asmig) denuncia que "un de cada tres médicos de Atención Primaria traballa en precario ao carecer de praza en propiedade", a pese de "superar algún proceso OPE e de acumular, nalgúns casos, máis de 25 anos de servizos prestados".


Así o manifestou a asociación nun comunicado de prensa, no que apunta que datos estatísticos actualizados do propio Ministerio de Sanidade "cifran en 1.864 a cifra total dos médicos de Primaria que traballan para o Sergas, dos cales tan só 1.201 ocupan praza en propiedade despois de superar un proceso selectivo".


Por tanto, sostén a asociación que "a día de hoxe a taxa de temporalidade ascende ao 35 por cento". "Nesta cifra inclúense os últimos médicos de APD, prazas a amortizar que aínda resisten, a pesar dos esforzos por integralos no sistema estatutario por medio de traslados ou a concesión da carreira profesional, segundo o Real Decreto-lei 16/2012", engade.


"Desde a OPE de 2006 houbo tres procesos selectivos e acumúlanse dous por facer", explica a asociación de médicos interinos.


SOLUCIÓN


Por iso, Asmig insta ao Sergas e sindicatos "a deixar de enganar aos profesionais sanitarios con estas rodas de muíño e a ofrecer unha solución final a esta situación pouco edificante" que, concreta, equipáraos "con países pouco desenvolvidos e, desde logo, moi afastados" do que se lles "quere facer crer".


"Os datos non menten. Quen os transmite de forma torticera e capciosa ou, simplemente, os oculta, defraudan a confianza dos cidadáns e xeran unha sensación crecente de indignación de difícil arranxo", conclúe a asociación.


relacionada Asmig denuncia ao Sergas pola “discriminación” dos profesionais máis veteranos
relacionada A limitación da interinidade "pode supoñer o despedimento de 4.500" profesionais sanitarios
relacionada Médicos interinos cuestionan a legalidade dos futuros traslados do Sergas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE