"Estase asentado a figura do traballador pobre en Galicia"

|

Repartidortrabajador


Un incremento de o traballador pobre, que non consegue satisfacer as súas necesidades a pesar de ter emprego, e as dificultades dos mozos para alcanzar un salario digno en Galicia son as principais conclusións dun estudo sobre os ingresos dos galegos presentado este mércores pola CIG.


"Estase asentado a figura do traballador pobre en Galicia", denunciou nunha rolda de prensa o secretario de Servizos e Afiliación do sindicato nacionalista, Renato Núñez, que acompañou a Nati López na presentación do documento que usa como base os datos da Axencia Tributaria correspondentes a 2016 sobre as declaracións anuais de retencións e ingresos a conta sobre rendementos do traballo.


SITUACIÓN QUE EMPEORA


A CIG describiu un empeoramento da situación de todos os colectivos desde 2009, exercicio desde o que só resisten os pensionistas, que rexistran un incremento dos ingresos medios.


"É certo que a este colectivo non se lle reduciron as retribucións (os incrementos foron mínimos), en termos correntes; feito que non ocorreu coas persoas asalariadas, que tanto no sector público coma no privado viron reducidos os soldos", sinala o sindicato.


Así, Nati López precisou que, no caso dos asalariados, a redución dos fondos que cobran é dun 1,6%; e a dos desempregados dun 18%. "Se temos en conta o incremento da inflación neste período, que foi dun 10,2%, queda máis que patente a grave perda de poder adquisitivo da clase traballadora desde o inicio da crise ata a actualidade", indicou.


PERSOAS ASALARIADAS


O texto presentado este mércores sinala que, de media, a poboación asalariada tivo uns ingresos medios brutos anuais de 18.114 euros, uns 1,5% superiores aos de 2015 pero aínda uns 0,5% inferiores aos de 2009. "Se temos en conta o incremento dos prezos neste período, a perda de poder adquisitivo dos traballadores galegos supera o 11% en sete anos", indicou Nati López.


Ademais, o documento tamén advirte "fortes diferenzas e grandes desigualdades" entre a poboación asalariada por tramos de ingresos en relación ao salario mínimo interprofesional (SMI). "En 2009 había un 14,5% de persoas asalariadas con ingresos inferiores á metade do SMI. A finais de 2016 son un 18,09% as que se ven nesta situación, e o que é máis grave, con ingresos inferiores", apunta.


Deste xeito, sinala que antes do inicio da crise este colectivo de poboación tivo uns ingresos anuais de 1.947 euros. E en 2016, os ingresos deste grupo foron de 1.862 euros anuais, un 4,3% menos, polo que resulta o único colectivo con menos ingresos que no ano 2009.


O informe elaborado pola CIG sitúa no lado oposto da táboa aos asalariados con soldos superiores a 10 veces o SMI. Segundo indica, este colectivo reduciuse neste período pero os seus ingresos anuais aumentaron un 31,6%. "De feito, é o tramo de salario onde máis crece o ingreso medio", explica.


OS MOZOS, OS SALARIOS MÁIS BAIXOS


O estudo realizado por Nati López tamén sitúa os mozos como a poboación que percibe os salarios máis baixos. Así, describe que, de media, para idades comprendidas entre os 18 e os 25 anos, os ingresos anuais foron, como máximo, de 6.311 euros brutos ao ano.


"Estamos a falar de ingresos moi pequenos, inferiores en todo caso ao SMI, que para este ano estaba establecido en 9.172 euros anules; é dicir, ata os 26 anos, de media, non se chega ao salario mínimo interprofesional", denunciaron.


AUMENTO DO SALARIO MÍNIMO


Para reverter estes datos e mellorar a situación dos traballadores galegos, a CIG considerou "fundamental" o incremento do salario mínimo interprofesional ata os 857 euros, como "considera a UE", e cargou contra os sindicatos estatais por apoiar o acordo coa patronal e o Goberno estatal que non contempla esta subida ata o 2020 e condiciónaa ao crecemento da economía.


relacionada ​Empleo condiciona a subida do salario mínimo a que a economía creza e baixe o paro
relacionada O Goberno anuncia a subida do Soldo Mínimo Interprofesional ata os 735 euros
relacionada González Laxe diagnostica a Galicia: "Crecemos, pero non xeramos emprego"
relacionada Os soldos máis altos das cidades están na Coruña e os máis baixos, en Ferrol

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress