​O TC determina que a axuda para parados sen prestación é competencia autonómica

|

Tc tribunal constitucional


O Tribunal Constitucional (TC) considera que deben ser os servizos de emprego das comunidades autónomas quen xestione a axuda de 426 euros para parados de longa duración --o Programa de Activación para o Emprego (PAE)--, segundo unha sentenza que publicou este mércores, na que anula, por tanto, os artigos do decreto do PAE que fan referencia á xestión por parte do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE).


Na citada sentenza, o TC afirma que a atribución que a normativa reguladora do PAE lle efectúa ao Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) para que sexa este o encargado de exercer as funcións de concesión e pago desta axuda económica deba considerarse como "inconstitucional e nula por corresponderlle á competencia dos servizos de emprego das comunidades autónomas".


Do mesmo xeito que xa se pronunciou sobre o 'Plan Prepara', o TC conclúe que non concorren circunstancias que xustifiquen unha xestión centralizada polo SEPE da axuda recorrida, polo que sinala que "a asunción polo SEPE das funcións executivas de concesión e pago da axuda económica" non teñen "xustificación algunha".


Por último, a sentenza sinala que "por esixencia do principio constitucional de seguridade xurídica (art. 9.3 CE)", a declaración de inconstitucionalidade e nulidade de varios artigos do decreto que regulan o PAE "non lles afecta ás situacións xurídicas consolidadas, debéndose considerar como tales as establecidas mediante actuacións administrativas firmes ou as que, na vía xudicial, fosen decididas mediante Sentenza con forza de cousa xulgada".


PRORROGOUSE ATA ABRIL


O Goberno prorrogou o pasado mes de abril, por segunda vez e ata o 15 de abril deste ano, o Programa de Activación para o Emprego dirixido á reinserción laboral dos parados de longa duración con cargas familiares que esgotasen todas as prestacións e subsidios, e que contempla unha axuda de 426 euros mensuais para os seus beneficiarios.


O Executivo calculaba entón que se beneficiarían deste programa 210.000 desempregados. En 2017, o programa contou cunha dotación de 220 millóns de euros e para este ano están previsto un total de 337 millóns.


Para solicitar esta axuda, os desempregados de longa duración deben ter un emprego anterior, estar inscritos como demandantes de emprego polo menos nove meses durante os 18 meses anteriores, buscar activamente un posto de traballo e consumir calquera prestación un mes antes de pedir a axuda.


relacionada CCOO pide manter o Prepara mentres o nivel de paro non se achegue ao de Europa
relacionada A anunciada recuperación do emprego non chega aos parados maiores de 50 anos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress