​Os viños galegos 'Ribeiras do Morrazo' conseguen a súa denominación de orixe protexida

Bruxelas inclúeos no seu rexistro, que suma xa máis de 1.750 viños. Entrará en vigor en tres semanas.


|

Riasbaixasuvavendimia


A Comisión Europea incluiu os viños galegos 'Ribeiras do Morrazo' dentro do rexistro de denominacións de orixe protexidas, coa mención de Indicación Xeográfica Protexida (IXP), segundo informou nun comunicado.


Esta distinción supón que polo menos un dos estadios de produción dos viños tivo lugar na área á que se refire a denominación, neste caso a provincia de Pontevedra.


A Xunta informou este mércores de que o regulamento que ampara esta IXP entrará en vigor dentro de 20 días e "entón Ribeiras do Morrazo contará xa con esa protección no ámbito europeo para todos os efectos".


O comunicado de Medio Rural destaca que son viños brancos e tintos "con aromas francos nos que se aprecian as características propias da materia prima da que proceden, con gradacións alcohólicas moderadas, aromas florais e de froitas e cunha boa e equilibrada acidez".


Así mesmo, informa de que a pesar de que a variedade de uva máis representativa é a albariño, "tamén son admisibles as variedades brancas caíño branco, godello, loureira, traixadura, branco lexítimo e torrontés; mentres que no caso das tintas son brancellao, caíño tinto, pedral, espadeiro, loureiro tinto, mencía e sousón".


O Executivo comunitario tamén incluíu na lista o viño francés 'Montravel', que se produce no departamento de Dordogne, no suroeste de Francia.


Estas dúas denominacións súmanse á lista de viños protexidos da Unión Europea, que inclúe xa máis de 1.750 caldos.


relacionada Só Rías Baixas salva a caída das colleitas de uva nesta vendima

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE