Galicia considérase a comunidade autónoma con maior atractivo gastronómico

|


Turismo gastronu00f3mico


Dacordo ao II Estudo da demanda de turismo gastronómico en España, Galicia encabeza o ranking como a comunidade autónoma con maior atractivo gastronómico, tal e como explican de maneira pormenorizada en Hosteltur.


Con todo, o destino gastronómico favorito en España é Andalucía, seguida de Galicia, País Vasco e Madrid. Que a comunidade galega sexa a máis valorada como destino gastrónomico pero que Andalucía consiga o primeiro posto como destino favorito podería atopar a súa explicación na mostra da enquisa e aos criterios de poboación cos que foi realizada.


O director da consultora especializada Dinamiza, Manuel Romero, explica que “o feito de que saíse Andalucía como favorita para realizar viaxes pode deberse a que se trata da rexión máis poboada. Doutra banda, ata un 42% das viaxes ten como destino lugares a menos de 200 km de distancia.


Despois de Galicia, atopamos ao País Vasco como a segunda comunidade con maior atractivo como destino gastronómico, seguido do Principado de Asturias en terceira posición.

relacionada Caixabank ordena emitir un bono a cinco anos cunha demanda de máis de 1.000 millóns de euros
relacionada ​Premiada unha investigación da USC que fabrica arterias artificiais

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress