​O festival compostelán WOS, candidato entre os mellores 'indoor' de Europa

|

Wos festival

Actuación da última edición do WOS. Foto: @wos_festival


O festival multidisciplinar compostelán WOS foi nomeado na sétima edición dos European Festival Awards, que premian o mellor evento musical 'indoor' do vello continente.


Trátase, como destacou a organización do WOS a través dun comunicado, do único dos festivais galegos que opta a esa distinción. Ata o momento, de todo o panorama español, tan só foron galardoados o Primavera Sound e o Mad Cool.


En canto ao festival santiagués, que leva catro edicións ás súas costas, aspira a mellor festival 'indoor', unha cuestión que se dará a coñecer o día 17 nunha gala en Oosterpoort, nos Países Baixos.


Ademais, nesa mesma data péchase a fase de votación do público dos Iberian Festival Awards, nos que a cita da capital galega foi nomeada en cinco categorías: mellor programación, mellor festival de pequeno formato, mellor promoción turística, mellor programa cultural e mellor festival indoor.


Outros festivais galegos como Portamérica, Atlantic Fest, Resurrection Fest ou Sinsal, compiten tamén nestas e outras categorías do certame.


relacionada WOS Festival, "o evento das propostas máis arriscadas"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress