​Fundación Aquae convoca esate ano o dobre de bolsas para a Escola da Auga

Chegan ao 50% do importe das matrículas para formar a 32 universitarios e profesionais.


|

Fundacion aquae formacion


Fundación Aquae presentou o seu novo programa de bolsas para a realización de estudos na Escola da Auga durante 2018, que inclúe un total de 32, o dobre que o ano pasado, como detalla a institución.


Ademais, Fundación Aquae destinará preto de 33.000 euros a este programa de bolsas que se puxo en marcha en 2014 e cuxo obxectivo é facilitar a universitarios e profesionais formación sobre o sector da auga, o saneamento e o medio ambiente.


O presidente de Fundación Aquae, Ángel Simón, destacou que "a Escola da Auga é xa o referente formativo dos profesionais do sector, non só en España, senón en moitos países de fala hispana".


"Presente en 17 países, contribúe á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) de Nacións Unidas mediante a capacitación dos mellores profesionais, a innovación metodolóxica e o mellor coñecemento experto", engadiu.


Estas bolsas, que cobren o 50% do importe das matrículas, inclúen dúas categorías: bolsas de máster e posgrao (12 en total) e bolsas de módulos de posgrao (20 en total).


As 12 bolsas de máster e posgrao inclúen catro bolsas para realizar un Máster en Tecnoloxía e Xestión da Auga (acreditados pola Universidade Politécnica de Cataluña e a Universidade Oberta de Catalunya); dúas bolsas para un Posgrao en Redes; dúas bolsas para realizar un Posgrao en Abastecemento; dúas bolsas para un Posgrao en Xestión e Operación de Plantas de Tratamento de Augas; e outras dúas bolsas para realizar un Posgrao en Saneamento de Augas Residuais. Estes catro últimos, tamén acreditados pola Universidade Politécnica de Cataluña.


As 20 bolsas de módulos de posgrao, que supoñen unha novidade formativa respecto ao ano pasado, inclúen cinco bolsas para realizar un Módulo de Posgrao en Captación; cinco bolsas para un Módulo de Posgrao en Depuración; cinco bolsas para realizar un Módulo de Posgrao en Redes e outras cinco para un Módulo de Posgrao en Drenaxe. Este programa de bolsas conta co recoñecemento de créditos pola Universidade Politécnica de Cataluña e a Universidade Oberta de Catalunya.


"Nesta época de grandes retos humanos e ambientais, a auga é un dos elementos nos que todos estes retos conflúen. O acceso á auga e ao saneamento son dereitos humanos recollidos pola ONU nos que debemos envorcarnos a escala global para achegar a curto, medio e longo prazo o maior número de recursos dispoñibles. Neste sentido, Fundación Aquae está comprometida na formación de profesionais da auga, o medioambiente e o saneamento", explica Simón.


Estas bolsas contan con dúas convocatorias: unha cuxo período de presentación de solicitudes finaliza o 12 de febreiro, e outra cuxo período de presentación de candidaturas se manterá aberto entre xuño e mediados de setembro deste ano.


Poden ser beneficiarios destas axudas as persoas que cumpran os seguintes requisitos: asumir a título individual o custo íntegro da matrícula do máster; e ser titulado universitario ou acreditar a formación necesaria para o acceso a cada programa.


A Escola da Auga é unha institución creada por Suez para compartir e transferir coñecemento en materia de auga e medioambiente. A súa actividade diríxese tanto á formación para empresas, administracións e profesionais do mundo da auga como á cidadanía mediante campañas de sensibilización. A Escola da Auga conta con estudantes e proxectos de capacitación en 17 países: España, 11 países de Latinoamérica, Reino Unido, Alemaña, Noruega, Singapura e Alxeria.


relacionada A Fundación Aquae presenta o cuarto número de ‘Water Monographies: Auga e Economía’
relacionada A Fundación Aquae, comprometida co uso responsable da auga doce
relacionada O Aquae Talent Hub repite experiencia en Santiago como catalizador de ideas innovadoras

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE