​Pedro Sánchez propón crear dous impostos á banca para custear as pensións

Desde o PP critican a proposta, que ven como "demagóxica" e non cren que sirva para "afrontar o futuro".


|

Perdo sanchez psc


O PSOE quere crear dous novos impostos para axudar a custear o gasto en pensións, un que gravaría as transaccións financeiras e outro que se aplicaría á banca que, tras ser rescatada con diñeiro público durante a crise, agora debe contribuír a soster o sistema público de pensións.


Así o anunciou este martes Pedro Sánchez nun almorzo informativo organizado polo foro Nueva Economía. O secretario xeral socialista adiantou que o seu partido, entre xaneiro e maio, vai elaborar dez acordos de país en conversación coa cidadanía que logo transformará en iniciativas parlamentarias, e un deles terá que ver coas pensións.


O líder socialista ve esgotado o Goberno de Mariano Rajoy pero, en lugar de pedir un adianto electoral, quere exercer o liderado desde os gobernos autonómicos e municipais, e desde o seu papel de oposición no Parlamento.


AFRONTAR O FUTURO


O portavoz do PP no Congreso, Rafael Hernando, tachou de "demagóxica" e de "pouco imaxinativa" a proposta do líder do PSOE para soster o sistema público de pensións a través de dous impostos á banca.


"Non se arranxa con dous impostos aos bancos. Iso, primeiro é mentira, e segundo é demagoxia", recalcou Hernando nunha entrevista en 'Los Desayunos de TVE'. "Iso non vai servir para afrontar o futuro das pensións", sentenciou o deputado do PP.


Para Hernando, "soluciónase creando máis emprego, mellorando os salarios e aumentando as cotizacións" e tamén abordando unha reforma que "faga razoable e sustentable" o sistema de pensións.


"PARA SAÍR Ao PASO"


"É unha proposta para saír ao paso", subliñou, para despois tachar de "pouco imaxinativo" que se recorra a impostos á banca "cada vez que hai que buscar ingresos". E remarcou que "o que vai aumentar o gasto en pensións cada anos está entre "2.000 ou 3.000 millóns de euros ao ano".


relacionada A Seguridade Social necesita outro préstamo para pagar as pensións deste ano
relacionada A paga extra de decembro esgota o préstamo para as pensións e o Goberno recorre ao peto
relacionada Galicia segue sendo a segunda comunidade coas pensións máis baixas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE