​Galicia é a terceira comunidade onde máis subiu o prezo da vivenda en 2017

O metro cadrado da vivenda de segunda man en Galicia supera os 1.571 euros da media española.


|

Llavesvivienda


Galicia é a terceira comunidade española na que a vivenda de segunda man aumentou máis o seu prezo medio en decembro de 2017 respecto ao ano anterior, cun prezo medio de 1.586 euros por metro cadrado e unha subida interanual do 5,95%.


Desta forma, tal e como consta no informe anual de prezos de venda de www.pisos.com, Galicia foi a sétima autonomía máis cara, superando o prezo medio en España, que en decembro de 2017 foi de 1.571 euros (un 1,64% máis que no ano anterior).


Este estudo tamén arroxa que "non houbo repuntes entre as provincias galegas", e en canto ás capitais de provincia, sinala que Pontevedra foi a que máis creceu na autonomía, aínda que co segundo repunte menos pronunciado do país, e A Coruña foi a que máis decreceu.


Por municipios, Foz é o que máis se encareceu de Galicia (9,81% máis), e a maior caída foi a de Monfero, cun 13,83% menos. E por prezos, o municipio máis caro de Galicia foi Sanxenxo (2.052 euros o metro cadrado) e Carballo o máis barato (736 euros o metro cadrado).


relacionada O custo da vida sobe máis en Galicia que no resto de España
relacionada O soldo medio en Galicia sobe apenas un euro no últimos seis anos
relacionada Os soldos máis altos das cidades están na Coruña e os máis baixos, en Ferrol

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE