Andone rescata un punto para sacar o Dépor do descenso

(1-1). O Dépor volveu rascar un punto importante no Estadio da Cerámica.


|

Depor celebracion"Animicamente vénnos moi ben", declarou Mosquera. Foto: RC Deportivo


O Dépor volve sacar proveito dunha visita ao Estadio da Cerámica. O 1-1 deste domingo contra o Vilarreal sérvelle para saír dos postos de descenso.


Andone conseguiu no 84 o gol do empate, tas verse o equipo a remolque desde a media hora de xogo, cando outro desaxuste defensivo lle volveu custar un tanto a pesar de que fixera máis méritos que o rival. Unha historia que xa lle vai soando ao deportivismo.


Cristóbal Parralo manifestou na sala de prensa do Estadio da Cerámica estar "satisfeito" co empate "tal e como se puxo o partido". "O resultado é xusto. Fixemos méritos para non irnos sen carga", matizou.


Comenta que "na primeira media hora estivemos bastante ben. A raíz do gol deles si é certo que estivemos un pouco dubitativos e custounos reaccionar. O adestrador recoñeceu que "o equipo hoxe competiu", para mostrarse "moi contento coa entrega e o sacrificio".


Pola súa banda, Andone indicou que "para nós é un punto moi importante porque é empezar o ano con confianza nun estadio moi complicado". Sobre a súa titularidade, a primeira desde a chegada de Cristóbal ao banco deportivista, reivindicou que "estou moi contento por poder axudar ao equipo, que se saiba que eu estou aí, para traballar ao máximo polo ben do equipo".


O capitán deportivista Pedro Mosquera destacou que o equipo "fixo un partido moi serio defensivamente, pelexou moitísimo". Sinalou, tamén, a importancia para a moral do equipo: "Estivemos metidos no partido os 90 minutos e logramos un punto que animicamente vénnos moi ben".


relacionada ​Mosquera dá a cara pola prima do derbi: "Foi un comentario que fixen eu"
relacionada Tino Fernández pide "non entrar en modo pánico"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE