​O Celta fai oficial a cesión de Guidetti ao Alavés

O xogador pedíralle ao club saír en busca de minutos, ante a proximidade do Mundial.



|

GuidetticelebracionGuidetti, nun partido de Europa League. Foto: RC Celta


O Celta anuncia a cesión de Guidetti ao Alavés, equipo onde recala ata final de tempada, tras un acordo pechado polas tres partes.


O club celeste fixo pública a primeira saída do mercado de inverno este luns pola mañá, desexándolle ao xogador "o maior dos éxitos" ata xuño.



O internacional sueco pedíralle á directiva do club unha saída no mercado invernal en busca dos minutos dos que non está a gozar no Celta esta tempada. E é que a proximidade do Mundial de Rusia deste verán está presente nas aspiracións de Guidetti.


O Alavés tamén anunciou a través das súas redes sociais a chegada do xogador cedido.



relacionada Ultimato de Guidetti ao Celta
relacionada Jonny interesa á Permier League; Roncaglia pensa en Arxentina
relacionada O Celta prepárase para un nadal con sobresaltos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE