​Só na Coruña hai case 100 persoas ingresadas por gripe, seis na UCI

|

Gotero hospital ingresados

En dúas semanas, máis de 1.000 persoas ingresadas.

Un total de 94 persoas permanecen ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) polo virus da gripe, das cales seis se atopan na Unidade de Coidados Intensivos.


A Xunta destaca nun comunicado o "importante aumento" no número de atencións rexistradas nas últimas semanas polo servizo de urxencias do Chuac.


En concreto, nos últimos 15 días, o número de persoas ingresadas nestes hospitais coruñeses desde o servizo de urxencias ascendeu a 1.043, o que se corresponde cunha media de 70 ingresos diarios.


En porcentaxes, o 21 por cento dos pacientes atendidos por urxencias tivo que ser ingresado, fronte ao 16 por cento que, segundo datos da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, é a "media habitual".


Con todo, a Xunta defende que todos os pacientes que necesitaron hospitalización teñen unha cama asignada, posto que "o cento por cento das camas de todos os centros que compoñen o Chuac están operativas (...), tanto nos servizos de medicina interna coma de urxencias", asegurou.


relacionada A epidemia de gripe en Galicia esténdese e elévase a 10 falecidos nesta tempada
relacionada Sanidade recomenda un "uso responsable" de Urxencias fronte á saturación
relacionada Técnicos de emerxencias tamén alertan do colapso que "mingua a calidade asistencial"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress