​Sergio Dalma abre en Santiago o 14 de abril a súa nova xira

En xuño tamén ten datas programadas en Vigo e A Coruña.


|

Sergio dalmaDatas en Santiago, A Coruña e Vigo.


O cantante catalán Sergio Dalma dará o primeiro concerto da súa xira 'Vía Dalma III' no Palacio de Congresos de Galicia, na capital compostelá, o próximo 14 de abril, sábado.


Ademais, segundo informou a organización nun comunicado, pasará polo Auditorio Mar de Vigo da cidade olívica, o venres 1 de xuño, e polo Palacio da Ópera da Coruña, o sábado 2 de xuño.


A xira 'Vía Dalma III' é unha colección de cancións "heteroxéneas" coas que Sergio Dalma "regresa ao universo italiano" e "reivindica autores de toda a vida".


A organización indicou que son "cancións de varias décadas, varios autores e varios estilos", pero todas co "selo propio de Sergio Dalma".


O obxectivo destes concertos é "afastarse de versións sen alma" de forma que as cancións "pasen a formar parte" do repertorio do cantante, que lles dá, coa súa voz, un "novo sentido".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE