O Neno deixa 525.000 euros no Porriño e volve caer en Vilalba

Agraciadas Ferrol, A Coruña, Burela, Guitiriz e Vilalba, que volve ter sorte tras repartir o Gordo de Nadal.


|

Premio nino porrinoO segundo premio vendido no Porriño.


O segundo premio do sorteo do Neno, o 18.442, con 75.000 euros o décimo --750.000 euros a serie--, moi repartido por toda España, caeu en seis municipios galegos: A Coruña, Ferrol, Burela, Vilalba, Guitiriz e O Porriño.


No Porriño, Andrés Martínez, o loteiro da administración da rúa Ramón González, informou a Europa Press de que venderon sete décimos, todos en portelo, o que supón un total de 525.000 euros repartidos.


Así mesmo, Martínez sinala que xa na lotería do Gordo de Nadal repartiron un quinto premio e este é o "sétimo ano" con premio de lotería nestas festas do Nadal.


"Somos coñecidos como o xe da sorte", dixo este loteiro sobre o nome da súa administración, que celebra un novo premio "con amigos".


'BELISCOS' EN GALICIA


Ourense foi a única provincia na que non caeu ningún belisco desta lotería do Neno, que deixou premios con todo na Coruña, Lugo e Pontevedra.


En Vilalba viuse agraciada tras os 520 millóns que caeron no Gordo de Nadal neste municipio. Neste caso, un décimo foi vendido no bar Estudante.


Pola súa banda, a administración de lotería da Rúa Real de Ferrol vendeu dous décimos co número 18.442. Ambos, segundo precisou o loteiro, Andrés Sánchez, foron vendidos a través de terminal, xa que se trata dun despacho mixto. A noticia, nas súas palabras, foi unha "gran alegría" que repartirá un total de 150.000 euros.


No municipio lucense de Guitiriz, un décimo vendido en máquina na administración da Rúa Xeral Mola foi premiado con 75.000 euros. E é que, tal e como explicou o loteiro Manolo Díaz, "véndese moito" por este método.


"Houbo un aumento dun 20 por cento das vendas en máquina", precisou, "sobre todo despois de que se acabase a lotería física". O loteiro indicou que isto foi debido a que o Gordo de Nadal deixou 520 millóns de euros en Vilalba, un municipio "próximo" ao de Guitiriz.


Tamén polo método da terminal, o despacho da Rúa Rosalía de Castro en Burela vendeu un décimo galardoado co segundo premio. A lista de 'beliscos' en Galicia complétase na Coruña, cun premio na administración situada no Carrefour de Alfonso Molina.


PREMIOS MAIORES


O número 5.685 foi agraciado co 'Gordo' do Sorteo Extraordinario do Neno, dotado con 2 millóns de euros por serie. O número foi consignado na administración de loterías número 19 de Bilbao.


O segundo premio, dotado con 750.000 euros por serie, foi para o número 18.442, que foi vendido en distintas provincias, entre elas Alacante, Almería, Áraba, Asturias, Badaxoz, Barcelona, Burgos, Cádiz, Cidade Real, Córdoba, Coruña, Guipúscoa, Granada, Huelva, Xaén, Las Palmas de Gran Canaria, Lugo, Madrid, Murcia, Navarra, Pontevedra, Tenerife, Valencia e Zaragoza


Mentres, o terceiro premio foi para o número 23.282, dotado con 250.000 euros por serie, que foi vendido na administración de Loterías número 1 de Yecla (Murcia).



relacionada O 'Gordo' cae en Vilalba e o segundo premio repártese nas catro provincias galegas
relacionada Cada galego gastou algo menos de 17 euros en décimos da lotería do Neno

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE