A cota de neve baixa aos 600 metros na zona máis oriental de Galicia

Unha masa de aire polar prognostica nevadas en zonas montañosas, mentres a costa segue en alerta.


|

Nevada


Unha masa de aire frío procedente do Ártico chega este sábado a Galicia, baixando a cota de neve aos 600 metros de altura, que obriga a activar o aviso amarelo por nevadas na montaña de Lugo.


Mentres, todo o litoral mantense en aviso laranxa por ondas. No mar espérase que o peor pase pola tarde, con mar combinada do oeste con ondas de entre cinco e seis metros e vento máis forte desde as primeiras horas da noite.


En terra, o ceo estará parcialmente cuberto e caerán chuvascos, de forma máis probable no norte e o leste da comunidade, ocasionalemnte tormentosos e acompañados de saraiba. As temperaturas mínimas sufriron un notable descenso con formación de xeadas en moitos puntos.


Pola súa banda, o aviso amarelo por nevadas na montaña luguesa comeza despois do mediodía e espéranse acumulacións de neve superiores aos cinco centímetros durante a xornada, segundo información de Meteogalicia.


Ademais, prevese que ese aviso por nivel amarelo por neve se prolongue tamén ao longo de toda xornada do domingo na mesma zona.


relacionada O temporal tingue de negro os ríos pola cinza e de branco a montaña de Lugo pola neve
relacionada As primeiras neves da tempada chegan a Lugo xunto cos termómetros en negativo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE