​Mosquera dá a cara pola prima do derbi: "Foi un comentario que fixen eu"

|

MosqueraentrenoMosquera xustifica "un comentario distendido". Foto: RC Deportivo


Un dos capitáns do Dépor, Pedro Mosquera, sae a dar a cara pola polémica coa prima económica polo partido contra o Celta. "Foi un comentario que fixen eu", revelou este venres á prensa.


Mosquera, con todo, lamenta que "se lle está dando moita importancia" e que é algo habitual en partidos importantes, tal e como expresou o xoves Tino Fernández. "Os xogadores non pediron formalmente nada", explicou, xustificando que "pensaba que era un partido importante para nós e nun comentario distendido fixen esa petición".


O capitán branquiazul manifesta que "o compromiso do cadro branquiazul é total". O seu propio, igual: "para min como deportivista gañarlle ao Celta é unha das cousas máis importantes nesta vida".


Sobre o partido ante o Villarreal, Mosquera apelou a "dar ese pasiño máis, tentar encaixar menos e ter maior consistencia no xogo". Por iso quixo "acougar as cousas" e pedir unidade do vestiario.


"É un bo momento para ir alí", dixo o xogador. E é que no vestiario lémbranse as últimas visitas, que serviron para asinar a permanencia. Ademais, destacou que os amarelos "teñen bastantes baixas: Bakambu, Trigueros... Obviamente será un partido difícil pero creo que temos opcións de gañar".


relacionada Tino Fernández pide "non entrar en modo pánico"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress