Galicia perde 2.500 autónomos en 2017, en contraste co aumento no Estado

Só Asturias e Castela e León teñen peores taxas. Entre as provincias galegas, Lugo ten o maior descenso relativo.


|

Electricista


Galicia perdeu ao longo de 2017 un total de 2.499 autónomos ata quedar 213.073 (-1,2%), o que contrasta co aumento medio no Estado do 0,3%.


De feito, Galicia é a terceira comunidade con maior descenso de autónomos, pois só Asturias (-1,4%) e Castela e León (-1,3%) teñen peores taxas entre as nove autonomías que rexistran datos negativos.


Por provincias, a maior caída porcentual na Comunidade galega prodúcese en Lugo (-1,6%), con 564 autónomos menos ata 35.131. Séguelle Ourense (-1,4%), que queda en 25.061, tras un retroceso de 360. A Coruña, perde 970 (-1,1%) e baixa a 86.221. Pola súa banda, en Pontevedra o retroceso é de 605 autónomos (-0,9%) e sitúase nun total de 66.659.


España pecha 2017 cun aumento de 10.468 autónomos (+0,3%), a metade que en 2016 --cando creceron en 26.211 autónomos (+0,8%)-- e a cuarta parte que en 2015 --cando creceron en 42.192 traballadores autónomos (+1,3%)--. O total de autónomos é de 3,2 millóns de persoas.


En concreto, trátase do quinto ano consecutivo no que crece o número de traballadores por conta propia no país. Aínda que o crecemento rexistrado nos anos sucesivos foi decrecendo aos poucos.


relacionada 8.000 euros para os galegos emigrados que volvan e se fagan autónomos
relacionada O 80% dos negocios galegos non consegue superar os primeiros dous anos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE