Ratificada a sanción contra as navieiras que masificaron as Cíes

|

Naviera cies ons


A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio impuxo sancións por un total de 930.000 euros a catro navieiras pola comisión de infraccións graves por "incumprir as cotas autorizadas" de visitantes en agosto de 2017 nas Illas Cíes, co que confirma a súa proposta inicial de sancións e desestima os recursos das compañías.


Tal e como informou o departamento autonómico, as alegacións das empresas denunciadas foron desestimadas na súa totalidade "ao entender que non desvirtúan os feitos denunciados". Así, a Xunta mantén que coa sobrevenda de billetes existiu risco potencial para preservar os valores naturais e para a seguridade das persoas.


A finais do pasado mes incoáronse 10 expedientes despois de que o Parque Nacional das Illas Atlánticas formulou denuncias ao detectar excesos de visitantes nos sistemas de control dos días 3, 5 e 19 de agosto --a cota é de 2.000 persoas en transporte regular, 200 en visitas organizadas e 800 no cámping--.


relacionada A illa de Ons tamén terá límite diario de visitantes e as Cíes reforzarán o seu control
relacionada O PP local, contra a taxa por fondeo da Xunta nas Cíes
relacionada Vigo aproba reclamar á Xunta "a xestión e competencias sobre as illas Cíes"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress