A Orquestra Sinfónica de Galicia e o Coro Novo inician os seus primeiros concertos de 2018

O Coro Novo e os Nenos Cantores da OSG levarán a cabo o Concerto de Reyes este 5 de xaneiro


|


Orquestra sinfonica

Fonte: Orquestra Sinfónica de Galicia


Orquestra Sinfónica de Galicia, o seu Coro Novo e os Nenos Cantores do conxunto orquestral ofrecerán unha serie de concertos coa chegada de 2018. Ao que esta tarde ofreceron en Sada, seguiralle o que a OSG dará o día 5 en Betanzos. Mentres, o Coro Novo e os Nenos Cantores da OSG levarán a cabo o Concerto de Reyes o 5 de xaneiro na sala de cámara do Palacio da Ópera.


Os concertos de Sada, este xoves ás 18,30 horas, e en Betanzos, na igrexa de San Francisco, ás 12,30 horas, terán lugar en virtude dun convenio entre o Consorcio para a Promoción da Música e a Deputación da Coruña.


O de Reyes do Coro Novo e dos Nenos Cantores da OSG do proxecto SonFuturo terá lugar, pola súa banda, na sala de cámara do Palacio da Ópera da Coruña o día 5 de xaneiro, ás 12,00 horas, e tamén será de entrada libre.


CONCERTO EN FERROL


Por outra banda, o compositor e director de orquestra polaco Krzysztof Penderecki poñerase á fronte da Orquestra Nova da OSG para ofrecer no seu primeiro concerto de 2018 un programa co seu Concerto para violín e orquestra número 2, coa moza violinista nipoa Sayaka Shoji como solista, e a Sinfonía número 7 de Antonín Dvorák.


O concerto terá lugar no Auditorio de Ferrol o luns 8 de xaneiro, ás 20,30 horas, e será a culminación do primeiro encontro da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia en 2018 dentro do programa SonFuturo.

relacionada O presidente da RAG será o pregoeiro da 'Feira do Cocido' de Lalín deste ano
relacionada A sala de cine Numax pecha un gran ano con 30.000 asistentes as súas costas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE