Unha placa distintiva para os edificios rehabilitados

O Consorcio do Casco Vello de Vigo arranxou e vendeu case 60 edificios do barrio histórico.


|

Rehabilitacion casco lanuxe vigoEdificio en rehabilitación. Foto: @ConsorcioCCVV

O Consorcio do Casco Vello de Vigo (CCVV) identificará, cunhas placas metálicas colocadas nas fachadas, os edificios que rehabilitou desde 2005, case 60, segundo explicou este xoves en rolda de prensa o delegado territorial da Xunta e presidente deste organismo, Ignacio López-Chaves.


Segundo explicou o delegado, estes distintivos de aceiro inoxidable servirán para identificar aqueles inmobles que foron adquiridos, rehabilitados e vendidos polo CCVV, e están esteticamente adaptados aos espazos onde serán integrados.


"É unha acción máis coa que se consolida a importante intervención que se está realizando no barrio histórico", sinalou López-Chaves, quen lembrou que, antes da acción do Consorcio, a degradación apropiouse do Casco Vello vigués.


Desde a súa creación, o Consorcio adquiriu 74 inmobles, dos que rehabilitou 58 e outros tres están en proceso de recuperación. Con estas actuacións construíronse máis dun centenar de vivendas e 32 locais comerciais.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE