Tino Fernández pide "non entrar en modo pánico"

|

Tino fernandez abegondo


"Dependemos exclusivamente de nós mesmos. Non hai que entrar en modo pánico, nin facer unha revolución". Tino Fernández chama a acougar os ánimos sobre a situación do Dépor, tanto a nivel institucional como na clasificación da liga.


O presidente atendeu este xoves aos medios tras a saída de Richard Barral da dirección deportiva. Neste terreo, Tino Fernández manifestou que "este mercado imos cubrilo coas persoas do club".


En canto aos posibles movementos, o mandatario deportivista espera "axustes si, pero ningunha revolución. Seguimos crendo na calidade do que temos".


Tamén Luisinho opinou nunha dirección similar, na sala de prensa, onde asegurou que "o vestiario está confiado, cre que é posible saír desta situación. As cousas non saíron ben, pero non estamos mortos".


Na mesma liña, afirmou que "cada un ten a súa opinión e a miña é que se o persoal é bo non é necesario que veñan xogadores", aínda que dá a benvida a calquera reforzo que poida chegar este xaneiro.


PRIMA POLO DERBI


Outro asunto polémico é a petición por parte dos xogadores dunha prima económica por gañarlle ao Celta en Riazor. Este xoves, Tino Fernández recoñeceu que se fixo na comida de Nadal, pero tratou de "quitarlle ferro". O presidente asegura non ter "ningunha dúbida da implicación do persoal", na que confía que saiba que "para gañarlle ao Celta non fai falta ningún tipo de estímulo económico".


"A realidade é que o tema primas acordarase cos capitáns", dixo, para xustificar que "este ano o tema de primas non o pechamos e outros anos si" houbo recompensas por gañar partidos puntuais.


relacionada Richard Barral abandona a dirección deportiva do Deportivo da Coruña
relacionada Riazor espera reforzos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress