UXT denuncia a adxudicación do servizo de vixilancia da Xunta a “empresas low cost"

O Sector de Limpeza e Seguridade de FesMC denuncian que estas empresas teñen débedas e acumulan atrasos nos pagos.


|

Centraliaxuntaconsellerias img190874t0


UXT emitiu un comunicado mostrando a súa preocupación sobre a adxudicación do servizo de vixilancia da Xunta ao que denominan “empresas low cost”. Foi por medio do Sector de Limpeza e Seguridade de FesMC Galicia os que deron a voz de alarma pola entrada destas empresas a concurso.


“Aos cidadáns que pagamos impostos, este tipo de empresas acábannos saíndo máis caras” afirman na carta, na que denuncian que estas empresas “contraen débeda coa Tesourería da Seguridade Social, débeda con Facenda e, por último, os traballadores, despois de varios meses sufrindo por non cobrar os seus salarios polo traballo realizado, terminan cobrando do Fogasa”.


Á súa vez, lembran que no seu momento xa mantiveron contactos coa administración denunciando as deficiencias destes casos obtendo “o silencio por resposta” por parte da propia administración “A un servizo como o de Seguridade da Xunta de Galicia atopámonos con que só preséntanse catro empresas, das cales dúas delas no resto do territorio teñen aos traballadores sen cobrar os salarios e cunhas diminucións económicas do 40% en referencia ao Convenio Estatal de Empresas de Seguridade” lamentan na misiva.


“Ao mesmo tempo no prego non cumpre cos acordos que está a realizar o Goberno de España con a patronal e cos Sindicatos Maioritarios do Sector de Seguridade Privada” denuncian no comunicado, asegurando que esta situación “pon en risco a 160 familias en toda Galicia” e solicitan que se paralice a adxudicación ata que non se garantan as condicións dos traballadores e sexan “acordes ao recentemente aprobado Real Decreto de Contratación Pública”.

relacionada UXT denuncia a adxudicación do servizo de vixilancia da Xunta a “empresas low cost"
relacionada Paulo Carril, líder de CIG, critica os modelos de actuación de CCOO e UXT

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE